Medio cento de alumnas e alumnos da UNED SENIOR CORUÑA, acompañados polo seu Coordinador e Titor de Historia, recibiron a súa clase de Historia no Museo Interactivo de Historia de Lugo.
No museo recibiron unha explicación da exposición do artista-escultor Xoán Vila.
Xoán Vila, escultor de Lugo: «Coa xubilación estoulle sacando máis rendibilidade e máis filosofía á vida».
O artista inaugurou o xoves 3 no MIHL a exposición «Un día calquera», con pezas expresionistas en madeira de castiñeiro.
O propio autor faloulles e explicoulles o sentido da súa mostra «UN DÍA CALQUERA»
Xoán Vila fala do que pretende transmitir: «Que todos os días, mesmo un día calquera, podar ser un gran día, un bo día. Intento falar de todos eses momentos que temos ao longo dun día, desde que nos levantamos ata que nos deitamos, e evocar a sinxeleza dos xestos diarios, das pequenas cousas que moitas veces pasan desapercibidas e pasamos por alto. Intento sacarlle o máximo de poesía e filosofía a un día calquera. A exposición fala dos sentimentos e das emocións do día a día, coas súas luces e as súas sombras, do cotiá, da cultura popular, dos valores humanos…».
– E como logra plasmar todo iso nas esculturas?
– A exposición componse de 14 pezas de diferentes formatos, creadas especialmente para esta exposición. Tamén hai dúas instalacións artísticas. A mostra é como un libro, como un diario pasado á escultura. Traballo moito coas mans, por exemplo, de aí que a imaxe do cartel sexa precisamente unha peza que representa unha man. As mans para min teñen unha linguaxe especial, falan desde o silencio, expresan, comunican, traballan… Coas mans saudamos, damos a noraboa, traballamos…
– Abandonou por completo a figuración para dedicarse en exclusiva ao expresionismo?
– Non abandonei por completo a figuración, pero continúo avanzando no expresionismo, aínda que non sei cando chegarei ao expresionismo abstracto. Estou moi cómodo no expresionismo, permíteme elevar ao máximo os sentimentos e comunicar mellor, que é o que debe facer toda obra de arte. Tamén continúo apostando pola cor, e algunhas das pezas son policromadas, para acentuar as obras.
– Que tipo de madeira emprega nas súas esculturas?
– Todas as pezas están elaboradas con madeira autóctona de castiñeiro, que é de moi boa calidade. É a máis dura, a máis nobre, é nosa, cunhas vetas moi bonitas e para min é a que mellor préstase para traballar.»
Despois desta gran explicación de Xoán Vila, o xerente do Museo, Iván, explicoulles a historia de Lugo e moi especial a da súa Muralla, Patrimonio da Humanidade.
Autor: Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Fuente: Galicia Digital